viernes, 5 de diciembre de 2014

"Quéreme Bonito" meu artigo na revista ComunidadE

Quero agradecer ás persoas responsables da ComunidadE Revista, revista educativa da península do Morrazo, a oportunidade de poder formar parte de este espacio e poder escribir sobre o que máis me gusta... falar de educación e falar de acción social...

Este é o meu primer artigo... espero sexan moitos máis...

Neste enlace podedes atopar tódala información así como descargar o pdf cos contidos das súas revistas. Nós estamos no nº 32 (páxina 9)

"Quéreme Bonito"

"O día 25 de Novembro, celebrouse un ano máis o "Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller". Esta data, ten a súa orixe na República Dominicana e marca o asasinato das tres hermanas Mirabal no no 1960, por orden de Rafael Leónodas Trujillo.
Personalmente, sempre se me fai difícil pensar que estas terribles situacións teñan un día determinado de celebración pero cheguei a entender que é un modo de alzar tódalas voces do planeta en torno a unha terrible situación social que sufren e padecen moitas mulleres do mundo e sobre a que se necesita falar, debatir, xerar conciencia social e promover unha modificación das leis de xeito que protexan ás vítimas de forma responsable econ tódalas garantías de seguridade.
A Violencia de Xénero é un delito invisible que na maioría das ocasións prodúcese no domicilio familiar e que só se vive de portas cara dentro quedando moi debilitada a muller ante todo, pero tamén os membros integrantes da unidade familiar, fillos, menores ou xa maiores de idade, persoas dependentes e/ou membros da familia extensa que formen parte da mesma.
E, pese a ser padecida e na maioría das ocasións non denunciada, non é unha violencia consentida, reitero e insisto, é unha violencia invisible, unha violencia difícil de falar si eres víctima, unha violencia que negas se eres quén a xenera, unha violencia oculta para quen a sospeita, unha violencia difícil de protexer para quen a lexisla, unha violencia sufrida para as persoas dependentes e unha violencia que deteriora tódalas capacidades das persoas xenerando inseguridade, inmovilidade, miedo, terror, pánico, depresión, aillamento.



É un tipo de violencia sobre a que hai que alzar a voz e unha parte da súa visibilidade atópase nas nosas máns, a nosa ferramenta máis poderosa é a educación acompañada da nosa forma de entendela e transmitila, debemos ensinar ós nosos fillos e fillas a vivir en igualdade, no respeto, na tolerancia e nas mismas oportunidades, debemos aprender que todos somos diferentes é únicos pero tamén que todos somos iguales, temos as mesmas responsabilidades e os mesmos dereitos, que non importa ser home ou muller, neno ou nena, alta, baixo, delgado porque somos personas, diferenciadas por unha identidade de xénero e elo debe facernos ser mellores, máis tolerantes e máis divertidos.
Hoxe inauguro a miña presenza como Paula Suárez, CEO de Positivando Gabinete psico-pedagóxico nesta xenial revista con predominante carácter educativo e apetéceme unha despedida que invite a unha pequena reflexión que calquera persona de calquer lugar do mundo podería atribuírse...




Son unha persona, un habitante do mundo, que desexa vivir a súa vida, que cree saber o que quere, que procura ser feliz na medida que as súas circunstancias llelo permitan e só teño un desexo "Quéreme Bonito".

Posiblemente teña mil defectos e máis de mil virtudes, así somos as persoas, antoxámonos un pouco complicadas á par que sinxelas. Non me gustan os celos, desexo ter o meu espazo vital, vivir no respeto, tomar as miñas propias decisións, disfrutar coa miña xente e poder comparti´la miña vida dende o amor e a gratitude porque sei que o meu tempo é o maior dos meus tesoros e poder compartilo é a maior das miñas virtudes e por elo só teño un desexo "Quéreme Bonito" porque...

Con que unha persoa, unha de nós, vós ou eles responda a tódolos meus desexos con golpes, celos, acoso, insultos, gritos, agresións, ameazas, control, autoridade, poder social, moral ou económico... deixaremos de ser personas e instalarémonos no sufrimento da violencia... contra a muller, o home, os nenos e nenas, a vida.. e quizáis pasaremos dun "Quéreme Bonito" a un "Ámame enfermizo"



Moitas grazas polo voso tempo e a vosa lectura.
Feliz e positivo día.

No hay comentarios:

Publicar un comentario