miércoles, 7 de enero de 2015

Conexión- Inconexión ou tempo de lecer, meu artigo na revista ComunidadE

Segundo artigo e segunda publicación na revista ComunidadE, revista número 33 (páxina 7), revista educativa da península do Morrazo (Pontevedra).

"Os especialistas en educación e psicoloxía xa estamos incorporando ós nosos traballos, programas específicos para tratar os problemas ou dificultades xurdidas co exceso no uso das novas tecnoloxías tanto nos nosos xóvenes como na poboación adulta.

Internet é un mundo, o máis meirande, un gran mundo que ofrece un amplio abanico de información, "todo está na rede" e incluso se escoita que "si non estás nela é como si non existiras". Toda esta información pode resultar moi útil para a nosa formación e ofrécenos a posibilidade de ampliar coñecementos e ter accesibilidade a imaxes, cursos, compras.. que sin a existencia da rede sería casi imposible chegáramos a elas ou sinxelamente a telas tan cercanas a nós.

É unha ferramenta de traballo, formación, ocio, divulgación e moito máis. é unha ferramento moi útil e fantástica pero que como todo nesta vida hai que aprender a utilizar para que non se volva na nosa contra nin en contra das persoas que nos rodean... é a nosa responsabilidade, a dos adultos, velar pola protección e bóa educación das nosas ou nosos fillos respecto a ésta e tódalas novas tecnoloxías que van aparecendo no mercado.

A pregunta é... ¿este é o uso máis frecuente que os xóvenes fan da rede?

O acceso á comunicación é inmediato, as redes sociais, facebook, twitter, tuenti, instagram, etc e as aplicacións de mensaxería inmediata tipo whattsapp, line... estánse convertíndo na forma de comunicación máis extendida cunto cos correos electrónicos como envío e traslado de documentación.

Esta é unha comunicación real pero máis impersoal, gañamos rapidez e inmediatez pero quizás perdemos calidade e calidez.



Nunca tan acompañados estivemos como tan alonxados e estas novas formas de comunicación moito menos sociais e que non precisan de presenza física están a xenerar nunha parte da xente máis xoven... aillamento social, falta de habilidades sociais, apatía, desgana e inclusive alienación social. 

Xa non é preciso sair da casa para estar en contacto coas persoas, unha conexión a internet abre a porta a un mundo que non tódolos nosos e nosas adolescentes son capaces de xestionar de forma positiva e eficiente... discutir, controlar, enviar imaxes, etc. Internet e as redes sociais teñen unhas normas de uso, hai que coñecelas e hai que controlalas para evitar que non nos controlen a nós e que tampouco sexan capaces de controlar á mocidade.

Hai que aprender, que ensinar, hai que reconducir hábitos e hai que pasar tempo coas persoas maiores, menores, pequen@s e adultos.
Estamos ás portas dun período vacacional neste mes de Nadal, un estupendo momento para buscar alternativas de ocio cos e para ós nosos rapaces, facer deporte, sair a dar un paseo, acudir ó teatro, relacionarse co grupo de iguais, buscar aficcións e hobbies e incluso aburrirse ¿Por qué no?

Non precisamos estar conectados todo o día e nin tan siquera dúas horas ó día...
Deixemos o móvil na casa e... 
Aprendamos a disfrutar xuntos e gozar do noso tempo de lecer"


No hay comentarios:

Publicar un comentario