lunes, 1 de noviembre de 2021

V Xornada "Ti tamén formas parte do TDAH"

sábado 23 de Outubro participei nas V Xornadas "Ti tamén formas parte do TDAH" organizadas na localidade de Riveira pola Asociación TDAH Salnés.



Un ano máis formei parte da organización das mesmas ademáis de participar como ponente. O ano pasado disfrutamos dunha pequena xornada online e sendo neste 2021 o ano da presencialidade, tras este largo período de tempo sin xuntarnos pola alerta sanitaria provocada pola COVID19, este ano familias, persoal docente e profesionais da educación compartimos un espazo educativo no que abordei a importancia da educación nos procesos de ensino e a importancia de educar na no violencia para evitar situacións de acoso escolar.

Non sirvo para esto. A motivación como motor de aprendizaxe.

Acoso escolar e ciberbulling.: Alumnado con TDAH

Ao amparo de estas dúas ponencias son moitas as reflexións que quise deixar e moitas as ferramentas que podemos traballar na aula para favorecer a inclusión e a equidade tan necesaria na nosa sociedade.

Tivemos ocasión de escoitar ás voces das familias e persoas afectadas na mesa redonda que puxo remate ás xornadas onde as testemuñas non resultaron indeferentes.




Unha xornada cargada de moita emotividade na que compartimos momentos formativos con grandes profesionais especializadas en TDAH.

Moitas grazas a tódalas persoas asistentes e a Asociación TDAH Salnés pola súa gran labor atesorada polo seu bó facer a diario. Grandes profesionais! Gran equipo!


Vídeo-  Vivir con TDAH "Haciendo visible lo invisible"
La voz de las personas protagonistas.